A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos, e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo ás seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Sanea Control, S.L.
3. Data:
Do 6 ao 8 de setembro de 2011.
4. Lugar de realización:
Instalacións de Sanea Control, S.L.
Avda. da Mahía n.º 106, baixo.
15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña).
5. Número de prazas:
25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo modelo anexo I.
9. Programa:
Día 6.9.2011 |
|
10.00-11.00 h |
Introdución. Lexislación |
11.00-13.00 h |
Praguicidas. Descrición e xeneralidades |
13.00-14.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria |
15.30-16.45 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria |
16.45-19.30 h |
Métodos de loita antivectorial |
Día 7.9.2011 |
|
10.00-11.00 h |
Riscos para o home derivados do uso dos praguicidas |
11.00-12.30 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases |
12.30-14.00 h |
Hixiene e seguridade no manexo e aplicación de praguicidas |
15.30-16.30 h |
Preparación de disolucións de produtos |
16.30-17.30 h |
Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas |
17.30-19.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación |
Día 8.9.2011 |
|
9.30-11.45 h |
Técnicas de aplicación de praguicidas |
11.45-12.45 h |
Boas prácticas de almacenamento de praguicidas |
12.45-14.00 h |
Resolución exercicios prácticos |
14.00-15.00 h |
Avaliación tipo test |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 5 de agosto de 2011.
P.D. (Artigo 11 da Lei 16/2010, do 17 de decembro)
Francisco López Rois
Subdirector xeral de Planificación Sanitaria e Aseguramento
ANEXO I
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.
Datas: Do 6 ao 8 de setembro de 2011.
Lugar de realización do curso:
Instalacións de Sanea Control, S.L.
Avda. da Mahía 106, baixo.
15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 10.00 ás 19.30 h.
Número de prazas: 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., Av. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns-Ames (A Coruña). Tel.: 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax: 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
NOME: |
APELIDOS: |
|||||
CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA: |
||||||
EMPRESA: |
SECTOR ACTIVIDADE: |
|||||
ENDEREZO: |
CP: |
|||||
LOCALIDADE: |
PROVINCIA: |
|||||
TELEFONO: |
FAX: |
CORREO ELECTRÓNICO: |