Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25404

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 1 de agosto de 2011, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se resolven as solicitudes de axudas e subvencións a entidades locais para a promoción da igualdade, convocadas pola Resolución do 5 de abril de 2011 e cofinanciadas polo Fondo Social Europeo.

Advertidos erros no anexo I da mencionada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto de 2011, procede realizar as seguintes correccións:

Na páxina 22656, no anexo I a) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A), Liña 1: Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes, expediente número SI435A 2011/000081-0, solicitante: Concello de Arteixo, NIF: P1500500B, onde di: Actuación «Elaboración PIOM»; debe dicir: «Actividades de coeducación».

Na páxina 22659, no anexo I a) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A), Liña 2: Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, expediente número SI435A 2011/000115-0, solicitante: Concello do Carballiño, NIF: P3202000J, onde di: Actuación «Consolidación e establec. de estruturas de c.»; debe dicir:«Prevención, sensibilización e concienciación».

Na páxina 22659, no anexo I a) Programa de promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e tratamento integral da violencia de xénero (procedemento SI435A), Liña 2: Programa de prevención e tratamento integral da violencia de xénero, expediente número SI435A 2011/000118-0, solicitante: Concello de Xinzo de Limia, NIF: P3203300C, onde di: Actuación «Consolidación e establec. de estruturas de c.»; debe dicir: «Intervención integral coas mulleres vítimas».

Na páxina 22660, no anexo I c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B), expediente número SI427B 2011/000008-0, solicitante: Concello de Mondoñedo, NIF: P2703000F, onde di: Detalle da axuda «Incentivo posto axente igual»; debe dicir: «Subvención axente igual».

Na páxina 22660, no anexo I c) Programa de apoio aos centros de información ás mulleres (procedemento SI427B), expediente número SI427B 2011/000010-0, solicitante: Concello de Marín, NIF: P3602600C, onde di: Detalle da axuda «Incent. posto ases. xurídico/a», debe dicir: «Subvención asesoram. xurídico/a».