Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 160 Martes, 23 de agosto de 2011 Páx. 25402

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 2 de agosto de 2011 pola que se clasifica de interese para a defensa do medio natural de Galicia a Fundación As Salgueiras.

Examinado o expediente de solicitude de clasificación da Fundación As Salgueiras con domicilio no lugar das Salgueiras, na Laracha (A Coruña).

Feitos:

1. José Manuel Iglesias Vilas, presidente do padroado da fundación, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A Fundación As Salgueiras foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o 16 de marzo de 2011, ante o notario Francisco Manuel Ordóñez Armán, co número de protocolo 716, por José Manuel Iglesias Vilas que actúa no seu propio nome e dereito.

3. Segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten por obxecto:

– A promoción e atención ás persoas en risco de exclusión por razóns físicas, sociais ou culturais.

– A promoción da acción social.

– A promoción e defensa do ambiente.

– Fins terapéuticos, de investigación, culturais e cívicos.

4. O padroado inicial da fundación está formado por José Manuel Iglesias Vilas como presidente, María José Ramil Pernas como vicepresidenta, Andrés López García como secretario, e Fidel Iglesias Ramil como vogal.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de todas as consellerías eleva ao conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza proposta de clasificación como de interese para a defensa do medio natural de Galicia da Fundación As Salgueiras, con base nas materias que constitúen o seu obxecto fundacional.

6. Na escritura de constitución consta a identidade dos fundadores, a dotación inicial, os estatutos e a identificación dos membros do padroado.

7. De conformidade co artigo 51 do Decreto 14/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento de fundacións de interese galego, e segundo proposta da comisión de secretarios, procede a súa clasificación como de interese para a defensa do medio natural de Galicia e a súa adscrición á Consellería do Medio Rural.

Consideracións legais:

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26 do Estatuto de autonomía de Galicia establece a competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. A escritura de constitución da fundación contén os datos exixidos na Lei 12/2006, do 1 de decembro, de fundacións de interese galego.

3. Segundo establece o artigo 7 do Decreto 15/2009, do 21 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Fundacións de Interese Galego, corresponde á Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá as funcións de protectorado.

De conformidade co exposto, e considerando que se cumpren as condicións establecidas pola normativa vixente en materia de fundacións de interese galego, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 1 de agosto de 2011,

DISPOÑO:

Clasificar de interese para a defensa do medio natural de Galicia a Fundación As Salgueiras e adscribila ao protectorado da Consellería do Medio Rural.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, podendo interpoñer con carácter potestativo recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun mes, segundo o disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de agosto de 2011.

Alfonso Rueda Valenzuela
Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza