Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 17 de agosto de 2011 Páx. 23268

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de agosto de 2011 pola que se dá publicidade á relación das entidades colaboradoras dos plans Renove de Fiestras 2010, Electrodomésticos 2010 e Iluminación Interior.

Co obxecto de executar o Plan de Traballo 2010, que desenvolveu, no referido ano, o Convenio marco de colaboración entre o IDAE e o Inega para a definición e posta en práctica das actuacións consideradas no Plan de Acción da Estratexia de Aforro e Eficiencia Enerxética no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia, procedeuse á convocatoria dos plans Renove de Fiestras, de Electrodomésticos e de Iluminación Interior. Dentro da convocatoria deste plan figuraba a selección das entidades colaboradoras para o desenvolvemento de cada un deles.

Rematada a selección, de conformidade co establecido no artigo 8 b.6) da Resolución do 27 de outubro de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Fiestras; no artigo 8.4 da Resolución do 6 de xullo de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Electrodomésticos e a da Resolución do 7 de xaneiro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvención en réxime de concorrencia non competitiva, relativa ao Plan Renove de Iluminación Interior,

RESOLVO:

Primeiro. Dar conta da publicación das entidades colaboradoras adheridas aos referidos plans Renove, que se poderá consultar na páxina web do Inega, http://www.inega.es

Segundo. Publicar esta resolución no Diario Oficial de Galicia para os efectos previstos no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Contra esta resolución non caberá ningún recurso.

Santiago de Compostela, 4 de agosto de 2011.

Eliseo Diéguez García
Director do Instituto Enerxético de Galicia