Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Mércores, 17 de agosto de 2011 Páx. 23247

III. Outras disposicións

Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 26 de xullo de 2011, da Dirección Xeral de Administración Local, pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 31 de decembro de 2010 pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais, por parte dos concellos de Galicia.

Conforme o establecido no artigo 17 da Orde do 31 de decembro de 2010, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se anuncian axudas económicas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación das persoas beneficiarias e os importes das axudas concedidas.

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por resolución da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, do 12 de maio do 2011, destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia, cun importe total de 1.566.753,42 euros con cargo á aplicación orzamentaria 05.03.141A.760.3 correspondente aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2011, nas contías e beneficiarios que se relacionan no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 26 de xullo de 2011.

José Norberto Uzal Tresandí
Director xeral de Administración Local

ANEXO
Relación de axudas destinadas a subvencionar a realización de infraestruturas
de uso público en ámbitos urbanos e rurais por parte dos concellos de Galicia

Concello

Importe concedido

Barbadás

11.199,89

Xove

39.926,60

Baiona

29.536,78

Láncara

39.984,56

Xinzo de Limia

16.000,00

Vila de Cruces

39.876,33

Riós

30.340,80

Cambados

40.000,00

Lousame

16.000,00

Pazos de Borbén

19.771,13

Mos

39.960,00

Meis

23.200,00

Barro

40.000,00

Catoira

40.000,00

Avión

38.645,28

Carballedo

13.142,98

Soutomaior

26.668,94

Sober

40.000,00

Guntín

7.600,00

Sarreaus

39.992,66

Esgos

24.865,07

Quiroga

39.991,62

Porriño (O)

39.991,39

Baña (A)

39.902,79

Irixoa

18.300,00

Moeche

24.148,73

Meaño

40.000,00

Mañón

10.177,50

Paderne de Allariz

17.600,83

Cotobade

25.196,68

Tordoia

39.904,54

Cabana de Bergantiños

39.991,62

Cervantes

22.035,23

Ramirás

8.564,12

Cambre

39.984,00

Neda

31.836,00

Boiro

40.000,00

Cesuras

39.997,16

Beariz

39.914,22

Fornelos de Montes

39.505,42

Samos

13.187,28

Ponte Caldelas

33.689,78

Poio

39.741,40

Verín

39.968,77

Outeiro de Rei

40.000,00

Vilamarín

39.997,67

Carballeda de Valdeorras

23.208,41

Baleira

4.503,44

Vilar de Santos

16.000,00

Castro Caldelas

3.440,00

Paradela

12.806,30

Lourenzá

39.972,32

Vicedo (O)

39.999,90

Pedrafita do Cebreiro

6.485,28