Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Xoves, 11 de agosto de 2011 Páx. 23025

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de xullo de 2011 pola que se adhire unha entidade financeira ao convenio de colaboración para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol).

O Consello de Dirección do Igape, na súa xuntanza do 20 de abril de 2010, acordou por unanimidade dos seus membros asistentes a aprobación das bases reguladoras das axudas do Instituto Galego de Promoción Económica para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, instrumentadas mediante convenio de colaboración subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica, as entidades financeiras e as sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol). As ditas bases foron publicadas mediante Resolución do 22 de xullo de 2010 (DOG núm. 142, do 27 de xullo) e convocadas para o exercicio 2011 mediante Resolución do 8 de febreiro de 2011 (DOG núm. 40, do 28 de febreiro).

Xunto co texto da Resolución do 8 de febreiro de 2011 publicouse a relación das entidades financeiras que se adheriron ao convenio.

Téndose ratificado, con data 9 de xuño de 2011, a adhesión da entidade financeira Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona La Caixa, cómpre facelo público.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño conferidas mediante o artigo 12 a) da Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Instituto Galego de Promoción Económica e do artigo 11.1 a) do Decreto 317/1992, do 12 de novembro, polo que se aproba o regulamento do Igape,

RESOLVO:

Único. Engadir a entidade financeira Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona La Caixa, á relación de entidades financeiras adheridas ao convenio de colaboración para o apoio financeiro á hostalaría, comercio, turismo e servizos das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal, subscrito entre o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), as entidades financeiras e sociedades de garantía recíproca adheridas (Re-invirte Ferrol), asinado o 7 de febreiro de 2011.

Santiago de Compostela, 29 de xullo de 2011.

P.D. (Acordo 1.6.2011, DOG número 113, do 14 de xuño)
Francisco Javier Álvarez Barbeito
Secretario xeral do Instituto Galego de Promoción Económica