Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Martes, 9 de agosto de 2011 Páx. 22786

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 22 de xullo de 2011 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 21 de xullo de 2011 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, xustifícase polas necesidades organizativas e funcionais do organismo.

En consecuencia, por proposta do organismo autónomo Augas de Galicia, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día 21 de xullo de 2011 adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os postos que se sinalan no anexo.

Segundo. Ordénase a publicación da modificación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 21 de xullo de 2011, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo do organismo autónomo Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, coa finalidade de cumprir o dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de xullo de 2011.

Marta Fernández Currás
Conselleira de Facenda

missing image file