Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Mércores, 3 de agosto de 2011 Páx. 22029

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 28 de xullo de 2011 pola que se modifica a do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Regulamento (CE) 853/2004, do Parlamento europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, establece no punto 1 da letra A do capítulo II que só se poderán recoller moluscos bivalvos vivos en zonas de produción con localización e límites fixos, clasificados pola autoridade competente, como pertencentes á clase A, B ou C consonte o Regulamento (CE) 854/2004, do Parlamento e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen as normas específicas para a organización de controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano.

O Regulamento (CE) 854/2004, do Parlamento europeo e do Consello, do 29 de abril, polo que se establecen normas específicas para a organización dos controis oficiais dos produtos de orixe animal destinados ao consumo humano, establece na letra A do capítulo II do anexo II as condicións para a clasificación das zonas de produción e reinstalación de moluscos bivalvos vivos.

Porén, a localización e os límites das zonas de produción e de reinstalación clasificadas correspóndenlle á Consellería do Mar.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia foi modificada pola Orde do 19 de xullo de 2010 como consecuencia dunha profunda revisión dos resultados das análises e controis efectuados nas diferentes zonas de produción e, recentemente, polas ordes do 14 de marzo de 2011 e do 6 de xullo de 2011. Os anteditos controis, para garantir a idoneidade dos produtos extraídos delas, son realizados pola Consellería do Mar a través do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia (Intecmar).

O artigo 6 desta orde establece que cando as análises e os controis efectuados nas zonas de produción clasificadas como B ou C demostren o cumprimento de todos os parámetros exixidos durante os períodos establecidos, a Consellería do Mar procederá a revisar a clasificación da devandita zona. Igualmente, poderá establecer novas zonas ou subzonas de produción, se se comproba que as medidas de mellora establecidas provocan a redución da contaminación ou ben que novos impactos provoquen un aumento desta e as análises realizadas en distintas áreas desa zona de produción presentan niveis de E. coli que permitan establecer novas clasificacións dentro da zona de produción.

Nos resultados dos controis realizados nas distintas zonas de produción detectouse que hai niveis de E. coli que ofrecen resultados diferentes aos que determinaron a clasificación e a delimitación das zonas establecidas no anexo I e representadas nos mapas do anexo II da Orde do 19 de xullo de 2010 que modifica a Orde do 8 de setembro de 2006.

Así mesmo, a declaración e delimitación da zona R-GAL 01/01 O Portiño de Morás como zona de reinstalación de moluscos bivalvos fai necesaria a modificación da Orde do 8 de setembro de 2006 co obxecto de adaptar os límites da zona de produción afectada pola declaración da dita zona de reinstalación.

En virtude do exposto anteriormente,

DISPOÑO:

Artigo único. Modificación da Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Orde do 8 de setembro de 2006 pola que se declaran e clasifican as zonas de produción de moluscos bivalvos e outros invertebrados mariños nas augas de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia queda modificada como segue:

Un. O anexo I (moluscos bivalvos), no que se refire aos límites e clasificación da zona de produción GAL 01/01 Costa lucense, queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 01

GAL 01/01

Costa lucense

Zona desde o límite oriental de Galicia ata pta. Estaca de Bares, agás as rías de Ribadeo, Foz, Viveiro e O Barqueiro e a enseada do Portiño de Morás

(594435, 4839755)

(594715, 4839725)

A

Provisional

Dous. O anexo I (moluscos bivalvos), no que se refire aos límites e clasificación da zona de produción GAL 09/02 Esteiro de Vilanova, queda redactado do seguinte xeito:

Clave

Área de produción

Límites da zona

Coordenadas

UTM (ED-50)

Clase

Comentario

GAL 09

GAL 09/02-1

Parte externa do esteiro de Vilanova

Parte externa do esteiro de Vilanova delimitada pola liña imaxinaria que une os extremos dos espigóns do porto pesqueiro e a liña imaxinaria que une a punta do Castro (esquina leste da Conserveira de la Fuente) coa punta da Granxa

(513670, 4712505)

(513720, 4712400)

(514293, 4712172)

(514290, 4712010)

B

Provisional

GAL 09

GAL 09/02-2

Parte interna do esteiro de Vilanova

Parte interna do esteiro delimitada pola liña imaxinaria que une a conserveira de punta do Castro ata o sur da ponte do esteiro

(514293, 4712172)

(514290, 4712010)

C

Estable

Tres. O anexo II, no que se refire aos mapas para as zonas de produción GAL 01/01, GAL 09/02−1 e GAL 09/02−2, quedan tal e como se indican nos mapas que se xuntan a esta orde.

Disposición derradeira única.

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2011.

Rosa M.ª Quintana Carballo
Conselleira do Marmissing image file

missing image file