A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 40 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que se deberán facer necesariamente por proposta das administracións públicas e dos organismos e entidades que aquelas representen.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das ditas competencias.
Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,
DISPOÑO:
O cesamento de José Rafael Membrives Rojas e José Luis Rivera Mallo como vogais no Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e a súa ría, en representación do Concello de Vilagarcía de Arousa, agradecéndolles os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2011.
Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar