Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Mércores, 20 de xullo de 2011 Páx. 20255

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería do Mar

ORDE do 11 de xullo de 2011 pola que se dispón o nomeamento de dous vogais do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e da súa ría.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, e pola Lei 33/2010, do 5 de agosto, no seu artigo 40 atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese do Estado situadas no seu territorio, que deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e organismos e entidades que aqueles representen.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 16 de setembro de 2010 faculta a persoa titular da consellería competente en materia de portos para o exercicio das devanditas competencias.

Polo exposto, en exercicio da facultade atribuída,

DISPOÑO:

Por proposta do Concello de Vilagarcía de Arousa o nomeamento de Lino Mouriño Santiago e Xosé Castro Ratón como vogais da Autoridade Portuaria de Vilagarcía de Arousa e da súa ría en representación do citado concello.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2011.

Rosa María Quintana Carballo
Conselleira do Mar