Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 19 de xullo de 2011 Páx. 20164

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 7 de xullo de 2011 pola que se substitúen varios vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

A Lei 14/2007, do 30 de outubro, pola que se crea e regula o Instituto Galego de Seguridade e Saúde Laboral, dedica o seu capítulo II ao Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, e dispón nos seus artigos 14, 15, 16 e 17 a natureza e fins, funcións, composición e a creación dos grupos de traballo do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Concretamente, no artigo 16 establécense a composición e o procedemento de nomeamento dos vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral.

Ao abeiro do previsto na dita lei, foron realizadas as propostas de designación polas consellerías con competencia en sanidade, industria e presidencia, polas organizacións sindicais máis representativas da Comunidade Autónoma de Galicia e pola organización empresarial máis representativa de carácter intersectorial da Comunidade Autónoma de Galicia.

O nomeamento dos vogais foi publicado mediante a Orde do 9 de novembro de 2009 (DOG n.º 227, do 19 de novembro).

Con posterioridade á dita orde, realizáronse propostas de substitución dos vogais designados pola Consellería de Economía e Industria, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia e pola Confederación de Empresarios de Galicia, polo que cómpre efectuar o seu nomeamento, coas formalidades previstas, deixando sen efecto a designación e o consecuente nomeamento realizado no seu día na referida representación.

Polo exposto,

DISPOÑO:

Artigo 1.

1. Nomear vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta da correspondente consellería, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Consellería de Economía e Industria:

Titular: director/a xeral de Industria, Enerxía e Minas.

Suplente: subdirector/a xeral de Recursos Minerais.

2. Nomear vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta da súa correspondente organización sindical, as persoas que se relacionan a seguir:

2.a) Pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia:

Titular: Carlos Bellas Cebreiro.

Titular: Jesús María Calvo Romero.

Suplente: Víctor Fernández Prieto.

Suplente: M.ª Félix Atanes Blanco.

3. Noméanse vogais do Consello Galego de Seguridade e Saúde Laboral, por proposta da organización empresarial, as persoas que se relacionan a seguir:

Pola Confederación de Empresarios de Galicia:

Titular: Jorge M. Paz Suárez.

Titular: Miguel Varela Varela.

Titular: Juan José Molinos Casal.

Titular: Mario Cardama Barrientos.

Titular: Javier Martínez López.

Titular: Fausto Santamarina Fernández.

Suplente: María Botana Rocamonde.

Suplente: Ovidio Pérez Reñones.

Suplente: Ana García Caeiro.

Suplente: José Manuel Rodríguez Simón.

Suplente: Verónica Val Vázquez.

Suplente: José Antonio Neira Cortés.

Artigo 2.

Mantéñense o resto dos vogais designados por proposta da Administración e das organizacións sindicais, así como os membros por razón do cargo, nomeados pola Orde do 9 de novembro de 2009.

Santiago de Compostela, 7 de xullo de 2011.

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar