Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 15 de xullo de 2011 Páx. 19784

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CUESTIÓN de inconstitucionalidade número 3296-2011, en relación co artigo 64.4.º da Ley 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, por posible vulneración dos artigos 36 e 149.1.1 e 149.1.18 da Constitución.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por providencia do 5 de xullo actual, acordou admitir a trámite a cuestión de inconstitucionalidade número 3296-2011 formulada pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no recurso de apelación n.º 4649/2009, en relación co artigo 64.4.º a da Lei 16/2007, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2008, por posible vulneración dos artigos 36 e 149.1.1 e 149.1.18 da Constitución, e, de conformidade co disposto no artigo 10.1 c) LOTC na redacción dada pola Lei orgánica 6/2007, do 24 de maio, deferir á Sala Segunda, á cal por quenda obxectiva lle correspondeu o coñecemento desta cuestión.

De conformidade co establecido no artigo 37.2 LOTC, na súa nova redacción, aqueles que sexan parte no procedemento, recurso de apelación n.º 4649/2009, poderán comparecer perante este tribunal dentro dos quince días seguintes á publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado.

Madrid, 5 de xullo de 2011.

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional