Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 15 de xullo de 2011 Páx. 19782

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

RECURSO de inconstitucionalidade número 822-2011, en relación cos artigos 1 a 4 e disposicións adicionais primeira e segunda da Lei de Galicia 12/2010, do 22 de decembro, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por Auto do 21 de xuño actual, no recurso de inconstitucionalidade número 822-2011, promovido polo avogado do Estado, en representación do presidente do Goberno, acordou levantar a suspensión dos artigos 1 a 4 e das disposicións adicionais primeira e segunda da Lei de Galicia 12/2010, do 22 de decembro, de racionalización do gasto na prestación farmacéutica da Comunidade Autónoma de Galicia, suspensión que se produciu coa admisión do mencionado recurso e que foi publicada no Boletín Oficial del Estado n.º 62, do 14 de marzo de 2011.

Madrid, 21 de xuño de 2011.

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional