Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 136 Venres, 15 de xullo de 2011 Páx. 19783

I. Disposicións xerais

Tribunal Constitucional

CONFLITO positivo de competencia número 823-2011, en relación co Acordo do Consello da Xunta de Galicia, do 30 de decembro de 2010, polo que se aproba o Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia.

O Pleno do Tribunal Constitucional, por Auto do 21 de xuño actual, no conflito positivo de competencia número 823-2011, promovido polo avogado do Estado en representación do Goberno da Nación, acordou levantar a suspensión do Acordo do Consello de Goberno da Xunta de Galicia, polo que se aproba o Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos da Comunidade Autónoma de Galicia, feito público por resolución da Consellería de Sanidade, do 30 de decembro de 2010, así como das actuacións determinantes da súa aprobación e do propio Catálogo priorizado de produtos farmacéuticos, suspensión que se produciu coa admisión do mencionado conflito e que foi publicada no Boletín Oficial del Estado n.º 62, do 14 de marzo de 2011.

Madrid, 21 de xuño de 2011.

Herminia Palencia Guerra
Secretaria de Xustiza do Pleno do Tribunal Constitucional