Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 14 de xullo de 2011 Páx. 19546

III. Outras disposicións

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 27 de xuño de 2011 pola que se modifica a autorización do centro privado Aloya, do concello de Vigo (Pontevedra).

A representante da titularidade do CPR Aloya, do concello de Vigo, solicita a modificación da autorización para a supresión do ciclo formativo de grao medio de Cociña e gastronomía, e a autorización dos ciclos formativos de grao superior de Integración social e Laboratorio de diagnóstico clínico.

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra achega o expediente cos correspondentes informes, de acordo co Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Suprimir o ciclo formativo de grao medio de Cociña e gastronomía e autorizar a implantación dos ciclos formativos de grao superior de Integración social e Laboratorio de diagnóstico clínico, no centro privado que se sinala:

Denominación: CPR Aloya.

Código do centro: 36011622.

Domicilio: rúa do Couto n.º 2.

Localidade: Vigo.

Concello: Vigo.

Provincia: Pontevedra.

Titular: Asociación Fontenova.

A composición resultante do centro é a seguinte:

– Educación secundaria obrigatoria: 4 unidades.

– 1 ciclo formativo de grao medio de Xestión administrativa (30 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior de Administración e finanzas (30 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior de Educación infantil (30 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior de Integración social (30 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior de Laboratorio de diagnóstico clínico (30 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior de Restauración (30 alumnos/as unidade).

– 1 ciclo formativo de grao superior de Secretariado (30 alumnos/as unidade).

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Pontevedra, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2011.

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria