Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 12 de xullo de 2011 Páx. 19086

III. Outras disposicións

Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2011, do presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por este ente público no primeiro cuadrimestre do ano 2011.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega (DOG n.º 136, do 14 de xuño) establece que as entidades públicas vinculadas ou dependentes da Comunidade Autónoma de Galicia deberán publicar cuadrimestralmente no Diario Oficial de Galicia unha relación cos convenios de colaboración asinados no cuadrimestre anterior.

Polo que antecede, en virtude das facultades que teño concedidas,

RESOLVO:

Facer pública a relación dos convenios subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos durante o cuadrimestre do ano 2011, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2011.

Francisco Menéndez Iglesias
Presidente da Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Empresa Pública de Obras e Servizos
Hidráulicos durante o cuadrimestre do ano 2011

– Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e a Consellería do Medio Rural para a execución da obra de mellora das instalacións de depuración. Illa de Ons. Bueu (Pontevedra), de clave OH.336.955.

– Convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e o Concello de Portas para a execución da obra de senda e pasarela de madeira sobre o río Chaín en Portas. Pontevedra, de clave OH.436.967.

– Segunda addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, o organismo autónomo Augas de Galicia, a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos, a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Barreiros para o financiamento e a execución dos proxectos de urbanización, abastecemento e saneamento nos núcleos de San Cosme, San Pedro, San Miguel de Reinante e Reinante.

– Addenda ao convenio para a prestación de asistencia xurídica pola Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia á Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos.

– Convenio de colaboración entre a Empresa Pública de Obras e Servizos Hidráulicos e a Universidade da Coruña para a investigación sobre o deseño e proxecto de estacións depuradoras de augas residuais e elaboración de directrices e pregos técnicos.