Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 8 de xullo de 2011 Páx. 18632

I. Disposicións xerais

Consellería de Sanidade

CORRECCIÓN de erros. Decreto 11/2011, do 20 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario.

Advertido erro, por omisión, no Decreto 11/2011, do 20 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 42/1998, do 15 de xaneiro, polo que se regula o transporte sanitario, publicado no Diario Oficial de Galicia número 25, do 7 de febreiro de 2011, procédese a efectuar a oportuna corrección:

Na páxina 2057, artigo 6, a continuación do punto 2.2 omitiuse o seguinte texto:

«3. Certificación técnico-sanitaria.

I. Obtención: os vehículos deberán cumprir as seguintes condicións que se establecen no anexo II:

a) Ambulancias asistenciais:

a.1. De soporte vital básico: puntos a.2 e a.1.3.

a.2. Medicalizadas e sanitarizadas: puntos a.2.2 e a.2.3.

b) Ambulancias non asistenciais:

b.1. Convencionais: puntos b.1.2 e b.1.3.

b.2. Vehículos de servizos sanitarios: puntos b.2.1.2 e b.2.1.3.

b.3. Ambulancias todoterreo: puntos b.3.2 e b.3.3.

c) Vehículos de transporte sanitario colectivo: puntos c.1.2 e c.1.3.

II. Renovación: poderanse renovar as certificacións técnico-sanitarias mantendo as condicións exixidas no momento da súa obtención».

Na páxina 2058, artigo 7, no punto a.1.2.1 e na páxina 2060, artigo 7, no punto a.2.1.6.1, onde di: «Dispensador de xabón e toallas desbotables», debe dicir: «Solución hidroalcohólica e toallas dun só uso».

Na páxina 2064, artigo 7, no punto c.1.1, no parágrafo onde di: «– O vehículo disporá dun espazo para a ancoraxe de polo menos unha cadeira de rodas, con sistema homologado segundo a normativa vixente, ademais da padiola, que deberá ser un equipamento permanente no vehículo», debe dicir: «– O vehículo disporá dun espazo para a ancoraxe de polo menos unha cadeira de rodas, con sistema homologado segundo a normativa vixente, ademais da padiola, que deberá ser un equipamento permanente nos vehículos de nova matriculación».