Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 7 de xullo de 2011 Páx. 18465

I. Disposicións xerais

Consellería do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 16 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dun seguro no exercicio das actividades de pesca, marisqueo e acuicultura.

Advertidos erros na Orde do 16 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dun seguro no exercicio das actividades de pesca, marisqueo e acuicultura, publicada no DOG n.º 122, do 27 de xuño, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16927, no título da orde, onde di: «Orde do 16 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dun seguro no exercicio das actividades de pesca, marisqueo e acuicultura», debe dicir: «Orde do 16 de xuño de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o fomento da contratación dun seguro no exercicio das actividades de pesca, marisqueo e acuicultura e se procede á súa convocatoria para o ano 2011».

Na páxina 16930, onde di: «1. As solicitudes presentaranse mediante os modelos normalizados que se aproben na orde de convocatoria», debe dicir: «1. As solicitudes presentaranse mediante os modelos normalizados que se aproben conxuntamente coa presente orde».

Na páxina 16932, onde di: «4. As solicitudes presentaranse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da orde de convocatoria no Diario Oficial de Galicia», debe dicir: «4. As solicitudes presentaranse no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia».