Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17905

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bóveda

EDICTO de información pública sobre o expediente 2011/178-2.6.2.

En cumprimento do disposto no apartado 3.º do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese á información pública o expediente de referencia 2011/178-2.6.2 que se tramita a instancia de Galcarnes, S.L. para a concesión de licenza de apertura e funcionamento de sala de despece de carnes a instalar en las parcelas 13, 14 e 15 do parque empresarial de Bóveda, deste termo municipal.

Durante o prazo de vinte días, contados a partir do seguinte ó da última publicación deste edicto no Boletín Oficial da provincia de Lugo e Diario Oficial de Galicia, o expediente atópase a disposición do público nas oficinas municipais a fin de que quen se consideren afectados pola actividade poidan examinalo e deducir, no seu caso, as alegacións ou observacións que teñan por convinte.

Bóveda, 28 de xuño de 2011.

José Manuel Arias López
Alcalde presidente