Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17907

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

O concelleiro de goberno responsable da Área de Réxime Interior, Persoal e Actividade Económica, mediante Resolución do 13 de abril de 2011, nomeou funcionario de carreira deste concello a José Manuel Duarte Solla, con DNI 35321306-E, para ocupar unha praza de oficial do corpo de Policía Local, da escala de Administración especial, subescala de servizos especiais, integrada no grupo C, subgrupo C-1.

O dito nomeamento efectuouse segundo proposta do tribunal cualificador, ao cal se lle dá publicidade de conformidade co disposto no artigo 17 do Decreto 95/1991, do 20 de marzo.

Pontevedra, 3 de xuño de 2011.

Miguel A. Fernández Lores
Alcalde