Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17908

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Rianxo

ANUNCIO de información pública.

Carsan Río Te, S.L. solicitou desta Alcaldía licenza municipal para estación de servicio, que se instalará no parque empresarial de Rianxo-parcela n.º 3. En cumprimento do disposto no punto 3, artigo 8, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, a fin de que durante este, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción deste edicto no BOP e no DOG, poidan examinar o expediente, na secretaría deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

Rianxo, 27 de abril de 2011.

Pedro Piñeiro Hermida
Alcalde