Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17840

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo

EDICTO (212/2010).

Ángel Gómez Santos, secretario do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, fai saber que no procedemento de referencia se ditou a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza 125/11.

En Vigo, 6 de maio de 2011.

Vistos por min, Margarita Sierra Serrano, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 4 de Vigo, os presentes autos de xuízo ordinario seguidos neste xulgado co número 212/10, sobre reclamación de cantidade, promovidos por Banco Santander, S.A., representada polo procurador Jesús González-Puelles Casal e asistida polo letrado José Iglesias Ares, contra Jaime Antonio Mein Domínguez, en situación de rebeldía, e atendendo aos seguintes ...

Ditamino con estimación da demanda interposta polo procurador Jesús González-Puelles Casal, en nome e representación de Banco Santander, S.A., debo condenar e condeno a Jaime Antonio Mein Domínguez, en situación de rebeldía, a pagar á demandante a cantidade de cento oitenta e oito mil oitocentos corenta e un euros (188.841) que devengará, desde a data desta sentenza ata o pagamento, un xuro anual igual ao legal do diñeiro incrementado en dous puntos, así como ao pagamento das custas.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes, facéndolles saber que non é firme e contra ela cabe recurso de apelación que se deberá preparar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da súa notificación, sendo necesario para a súa admisión constituír un depósito de 50 euros (disposición adicional décimo quinta da LOPX) e correspondendo a competencia para resolvelo á Audiencia Provincial de Pontevedra.

Así, por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Jaime Antonio Mein Domínguez, expídese esta para que sirva de cédula de notificación.

Vigo, 9 de maio de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado