Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17836

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2011 pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de 4 prazas vacantes de conserxe, da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado por Resolución do 28 de outubro de 2009.

Unha vez finalizado o proceso selectivo para a provisión de 4 prazas vacantes de conserxe, da vixente relación de postos de traballo do persoal laboral de administración e servizos da Universidade da Coruña, convocado por Resolución do 28 de outubro de 2009 (DOG do 16.11.2009), e a vista da proposta de persoas aspirantes aprobadas feita polo tribunal que xulga estas probas.

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas no artigo 36 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio) e de acordo co establecido nas bases da convocatoria,

Resolve facer pública a relación definitiva de persoas aprobadas nestas probas selectivas, que son as que se relacionan no anexo que se achega.

A Coruña, 16 de xuño de 2011.

José María Barja Pérez
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Apelidos e nome

Puntuación

Muñiz Seijas, Juan Carlos

43,892

González Acón, Jorge

41,049

Lesta Iglesias, Jesús

39,709

Boado Sexto, José Antonio

39,375