Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17893

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 5 de maio de 2011 pola que se notifica a incoación de expediente sancionador e de reposición da legalidade (S-2011/016-P).

A xefa do Servizo de Inspección do Litoral da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, con data 11 de abril de 2011, acordou a incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade número S-2011/016-P a Milagros Beloso Garrido, pola realización de obras abusivas executadas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, no lugar de Telleira, parroquia de San Pedro, Cesantes, termo municipal de Redondela (Pontevedra).

Ao non poder realizarse a notificación persoal daquela resolución, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada a dita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber á interesada que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no edificio Witland, 1.º andar- Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo a notificación entenderase producida.

Contra o acordo de incoación do expediente sancionador e de reposición da legalidade, por ser un acto de trámite, non cabe recurso ningún, e poderá a interesada unicamente, segundo o artigo 107 da Lei 30/1992, alegar a súa oposición a el para a súa consideración na resolución que poña fin ao procedemento.

Para que conste e lle sirva de notificación de resolución á destinataria arriba indicada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2011.

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística