Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17845

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (270/2011).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario/a xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 270/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Antonio Vázquez Miguens contra a empresa Viproga, S.A. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Sentenza n.º 78/2011.

Santiago de Compostela, dez de maio do ano dous mil once.

María Elena Rábade Blanco, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres desta cidade viu en nome de S.M. El Rei os presentes autos número 270/2011 seguidos entre partes, como demandante Manuel Antonio Vázquez Miguens asistido polo letrado Pedro Blanco Lobeiras e como demandada a empresa Viproga, S.A., que non comparece a pesar de estar citado en legal forma, versando os autos sobre salarios.

Decido que, estimando a demanda formulada por Manuel Antonio Vázquez Miguens contra a empresa, Viproga, S.A. condeno a empresa a lle aboar a cantidade de 11.890,67 euros, que lle debe en concepto de salarios máis os xuros do artigo 29.2 do E.T.

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A. , en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2011.

O secretario xudicial
Rubricado