Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17901

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2011, da Xerencia do Hospital do Salnés, pola que se anuncia corrección de erros nos pregos de prescricións técnicas particulares publicados no perfil do contratante, do expediente de contratación AB-HSA1-11-017.

1.º Anúnciase corrección de erros nos pregos de prescricións técnicas particulares, publicados no perfil do contratante, correspondentes ao anuncio do expediente de contratación AB-HSA1-11-017, publicado no Diario Oficial de Galicia n.º 110, do 9 de xuño de 2011, correspondente a contratación do arrendamento de 4 equipos multifuncionais para copiado, impresión, escanado, fax e solucións de software no Hospital do Salnés.

2.º Correccións:

a) Engádese 2.º parágrafo no punto 2. Alcance do contrato:

«Para cubrir un volume mínimo de impresións de 800.000 uds. anuais en b/n, e 1.000.000 de escaneos anuais».

b) No punto 8. Calidade do servizo:

Onde di: «Tempos de reparación de avaría: Ante calquera (...)», debe dicir: «Tempos de reparación de avaría:

a) Ante calquera (...)».

Onde di: «Unha vez se presente o técnico (...)», debe dicir: «b) Unha vez se presente o técnico (...)».

3.º O mesmo día que saia publicado este anuncio no Diario Oficial de Galicia, publicarase no perfil do contratante o prego de prescricións técnicas particulares coas correccións indicadas.

4.º Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación desta corrección no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vilagarcía de Arousa, 17 de xuño de 2011.

Bibiano Fernández-Arruti López
Director xerente do Hospital do Salnés