Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 22 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se convoca a contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, dun servizo para a explotación e mantemento do conxunto de aplicacións, empregadas pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego, relacionadas coa planificación e execución das políticas activas de emprego (expediente 2011.16.PE.AE).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar (Secretaría Xeral Técnica-Vicesecretaría Xeral).

b) Obtención de documentación e información: na Consellería de Traballo e Benestar. Edificio administrativo San Lázaro s/n, 15781 de Santiago de Compostela, ou na web: www.contratosdegalicia.es

c) Teléfono: 981 54 74 56. Fax: 981 54 01 18.

Caixa de correo: contratosareatraballo@xunta.es

2. Obxecto do contrato: servizo para a explotación e mantemento do conxunto de aplicacións, empregadas pola Dirección Xeral de Promoción do Emprego, relacionadas coa planificación e execución das políticas activas de emprego.

3. Execución do contrato: dous anos contados desde a sinatura do contrato.

4. Tramitación e procedemento: ordinaria e aberto.

5. Criterios de adxudicación: ver cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

6. Orzamento base de licitación: 332.203,35 € máis 59.796, 61 € (IVE ). Total: 391.999,96 €.

7. Valor estimado do contrato: 664.406,78 €.

8. Garantías exixidas: a) Provisoria: 4.900 €. b) Definitiva: 5% do importe de adxudicación, excluído IVE.

9. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financiera e solvencia técnica e profesional: ver cláusula 5.3. PCAP (só para empresas da Unión Europea).

b) Clasificación exixida: grupo V, subgrupo 2, categoría B.

10. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o día 18 de xullo de 2011, ás 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: no Rexistro Único da Xunta de Galicia, nas oficinas sitas nos edificios administrativos San Lázaro ou San Caetano –Consellería de Traballo e Benestar–, en Santiago de Compostela (15781). Sen perxuízo do anterior, os licitadores poderán enviar as súas proposicións por correo segundo o establecido no PCAP.

c) Documentación necesaria: a sinalada no PCAP.

11. Apertura de ofertas: a apertura do sobre número 2 terá lugar na sala de xuntas da consellería, situada no edificio administrativo de San Lázaro, s/n en Santiago de Compostela o día 31 de xullo de 2011, ás 10.00 horas.

Anunciarase no perfil do contratante e comunicaránselles aos licitadores a convocatoria da mesa pública para a apertura do sobre número 3.

12. Gastos de publicidade: custo do Diario Oficial de la Unión Europea: gratuíto. Custo do BOE: taxa/liña de título: 13,82 €. Taxa /liña de texto: 15,35 €. Custo do DOG: 5,42 € por liña publicada no DOG.

13. Data do envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: o día 21 de xuño de 2011.

Santiago de Compostela, 22 de xuño de 2011.

Cristina Ortiz Dorda
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar