Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17861

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Lugo (expediente IN407A 2010/69-2, 7749 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a seguir se citan:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio Social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: desvío de instalacións A-54 tramo Nadela-Vilamoure.

Situación: concello de Lugo.

Características técnicas:

• Modificación da L.M.T. San Xoán do Campo, tramo C.T. Chalé - C.T. Carballal a 20 kV no p.k. 100+200 - 100+400, consistente no soterramento con orixe no apoio metálico proxectado denominado 4 e final no apoio metálico proxectado denominado 5, cunha lonxitude de 160 metros en conductor R.H.Z.1-150 mm. Substitúense, ademais, os apoios 2, 3, 6, 7 e 8.

• Modificación da L.M.T. San Xoán do Campo tramo C.T. urb. Lamabranca - C.T. Coeses a 20 kV no p.k. 102+000 - 102+100, consistente en intercalar dous apoios metálicos n.º 6 e 7 para o cruzamento coa A-54, cunha lonxitude de 78 metros de condutor tipo LA-30.

• Modificación da L.M.T. San Xoán do Campo tramo C.T. Coeses - C.T. Vilalvite a 20 kV no p.k. 103+300 – 103+400, consistente en intercalar dous apoios metálicos n.º 5 e 6 para o cruzamento coa A-54,cunha lonxitude de 88 metros de condutor tipo LA-30.

• Modificación da L.M.T. San Xoán do Campo, derivación a C.T. Cabanas a 20 kV no p.k. 104+200 - 104+300, consistente no recuamento da liña para a instalación dun novo C.T. de intemperie sobre apoio metálico tipo C-3000/14.

• Modificación da L.M.T. Tablicia tramo C.T. San Xoán de Pena 1 - C.T. Tablicia a 20 kV no p.k. 105+400 – 105+600, consistente no soterramento da liña que se realizará entre os apoios metálicos que se van intercalar n.º 4 e 5 para o cruzamento coa A-54, cunha lonxitude de 210 metros de condutor tipo R.H.Z.-400 mm.

• Modificación da L.M.T. Nadela tramo C.T. Gasolineira - C.T. Nadela 2 a 20 kV no p.k. 106+200 - 106+300, consistente no soterramento da liña que se realizará entre os apoios metálicos que se van intercalar n.º 2 e 3 para o cruzamento coa A-54, cunha lonxitude de 200 metros de condutor tipo R.H.Z.-150 mm.

• Modificación da L.M.T. Nadela tramo C.T. Nadela Mueble - C.T. Quintela a 20 kV no p.k. 106+500 - 106+600, consistente no soterramento da liña que se realizará entre os apoios metálicos que se van intercalar n.º 2 e 3 para o cruzamento coa A-54, cunha lonxitude de 130 metros de condutor tipo R.H.Z.-150 mm.

• Modificación da L.M.T. San Xoán do Campo, derivación a C.T. Fonte Mouro a 20 kV no p.k. 200+900 - 201+000, consistente na realización dun cruzamento aéreo sobre a A-54 sobre apoios metálicos tipo C-2000/16, cunha lonxitude de 54 metros en condutor LA-30.

• Recuamento do C.T.I. Cabanas, sobre torre metálica tipo C-3000/14, cunha potencia proxectada de 160 kVA, unha potencia inicial de 100 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

• Modificación da R.B.T. do C.T. Carballal no p.k. 100+200 - 100+ 400, cunha lonxitude de 280 metros en condutor tipo R.V.-95.

• Modificación da R.B.T. do C.T. Cabanas no p.k. 104+200 - 104+300, cunha lonxitude de 210 metros en condutor tipo RV-95.

• Modificación da R.B.T. do C.T. Nadela 2 no p.k. 106+000 - 106+100, cunha lonxitude de 80 metros en conductor tipo R.V.-150.

• Modificación da R.B.T. do C.T. Nadela 2 no p.k. 106+400 - 106+500, cunha lonxitude de 120 metros en condutor tipo R.V.-50.

• Modificación da R.B.T. do C.T. Fonte Mouro no p.k. 201+000 – 201+000, cunha lonxitude de 155 metros en condutor tipo R.V.-50.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguranza establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 6 de xuño de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo