Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Xove (expediente IN407A 2010/27-2, 7698 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4-1.º, 27002 Lugo.

Denominación: ECR Prada.

Situación: concello de Xove.

Características técnicas:

– ECR Prada en edificio prefabricado tipo PF201, no cal se instalan dúas celas de liña motorizadas, unha cela de interruptor automático e unha cela de protección con fusibles para a protección do transformador de SSAA de 650 kVA, o telemando consta dun cadro de servizos xerais, un equipamento rectificador/acumulador, unha remota e unha antena, todo controlado desde o centro de control de rede (CECORE) de BEGASA.

– Instalación dun apoio C-3000/16 na L.M.T. aluminio dirección Sumoas, en substitución dun apoio de formigón existente, no cal se realiza un paso aéreo a soterrado para a conexión desta derivación co ECR.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 6 de xuño de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo