Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17865

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2010/188-2, 7826 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: r/ Cidade de Viveiro, 4, 1.º, 27002 Lugo.

Denominación: L.M.T.S., novo C.T. Rinlo 1 e enlace con R.B.T.S. existentes.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

L.M.T.S. a 20 kV, con orixe nun paso aéreo a soterrado situado no apoio P-1 da L.M.T. existente Ribadeo 1, derivación C.T. Cetaria e final no novo CT Rinlo 1, cunha lonxitude de 35 metros en condutor R.H.Z.-1-150 mm.

C.T. Rinlo 1 en dificio prefabricado tipo pé de poste, cunha potencia de 250 kVA e relación de transformación 20.000/ 400-230 V.

R.B.T. aéreas con orixe no C.T. Rinlo 1 e final nas R.B.T. existentes, cunha lonxitude de 325 metros en conductor tipo R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 8 de xuño de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo