Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17867

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Sarria (expediente IN407A 11/36-2, 7874 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: aumento de potencia C.T., R.B.T. O Carballal.

Situación: concello de Sarria.

Características técnicas:

– Substitución do transformador existente (50 kVA) no C.T. intemperie do Carballal por outro de 160 kVA e relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– R.B.T.S. con orixe no C.T. intemperie do Carballal, cunha lonxitude de 785 metros en condutor tipo X.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 7 de xuño de 2011.

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo