Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17853

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Sada (expediente IN407A 166/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Enderezo social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación C.T. Osedo.

Situación: carretera DP-7502, San Xián de Osedo, concello de Sada.

Características técnicas: centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V. Adecuación do C.T. Osedo (expediente 27800). Concello de Sada.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xuño de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña