Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17854

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 3 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 164/2011).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S. subestación Santa Mariña - praza de España.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 15/20 kV, de condutor tipo R.H.Z.-1, cunha lonxitude de 1.110 m, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-707, xunto á saída da subestación de Santa Mariña (expediente 18352), e final en empalmes proxectados na L.M.T.S. SMR-707 a C.T. praza de España (expediente 195/2055). Concello de Ferrol.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións neste departamento territorial, situado no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 3 de xuño de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefe territorial da Coruña