Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17855

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 1 de xuño de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Rianxo (expediente IN407A 11/128).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE n.º 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE n.º 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. O Barral.

Situación: concello de Rianxo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 0,022 km, con orixe en empalmes proxectados na L.M.T.S. PAD-809, tramo entre o C.T. Vilanustre (expediente 161/2002) e o C.T. Rianxiño (expediente 295/1996), condutor tipo R.H.Z.1-2OL-12/20 kV 3(1x240 Al) e final no C.T. O Barral proxectado.

Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Saídas de baixa tensión subterránea coa orixe no C.T. O Barral proxectado, cunha lonxitude de 0,056 km, con condutor XZ1.

Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 0,042 km, con orixe no apoio n.º 2 proxectado, condutor tipo R.Z e apoios de formigón. Concello de Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 1 de xuño de 2011.

Tristana Moraleja Gómez
Xefa territorial da Coruña