Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17857

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 29 de marzo de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2011/65-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Enderezo social: r/ Doutor Fernández Vega 14, 36860 Ponteareas.

Denominación: L.M.T.A. Portoparada-Maceira.

Situación: Covelo.

Características técnicas: L.M.T. Aérea A 20 kV con condutor LA-110 de 1.850 metros de lonxitude, con orixe no apoio 4ES01259 da L.M.T. principal n.º 3 O Ceo-Sabaxáns-C. Maceira e final no apoio 4ES01272 desta. A liña discorre polas parroquias de Portoparada e Maceira, Covelo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, edificio administrativo avda. Fernández Ladreda 43, 5.º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 29 de marzo de 2011.

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra