Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17846

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 9 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados para ser notificados por comparecencia das resolucións sancionadoras ditadas nos expedientes administrativos incoados por infracción da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia por resultar descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente SANC/48/10 e oito máis).

Esta dirección xeral ditou resolución nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa reguladora en materia de estradas que se relacionan no anexo.

Nas devanditas resolucións, ademais de impoñer sanción de multa nos casos que se indica (sinalando «resolución sancionadora»), acordouse ordenar tamén a restitución do medio físico ás condicións anteriores á comisión da infracción no prazo sinalado en cada resolución, contado desde a notificación (artigo 47.3 LEG), con expresa advertencia da posibilidade de impoñer multas coercitivas (artigo 47.4 LEG) e a posibilidade de proceder á súa execución subsidiaria por conta do causante.

Intentada a notificación persoal destas, consonte establece o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non foi posible a súa práctica.

Por medio deste anuncio, e segundo dispoñen os artigos 59.5 e 61 da devandita norma legal, emprázanse os interesados que se indican no anexo para seren notificados por comparecencia das resolucións cuxo contido se sinala.

A comparecencia que poderán realizar os interesados, deberá efectuarse no prazo de 10 días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo de Xestión Xurídico Administrativa, da Dirección Xeral de Infraestruturas, no edificio administrativo San Caetano, Santiago de Compostela, ou tamén no Servizo de Infraestruturas da xefatura territorial da provincia correspondente.

Así mesmo, ponse no seu coñecemento que a dita resolución sancionadora non esgota a vía administrativa, e que se poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

O prazo de interposición do devandito recurso será dun mes computado desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou da comparecencia do interesado, de ser o caso.

A sanción imposta deberá facerse efectiva mediante ingreso en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001 ou Caixanova, recadación Xunta, BBVA Transacción 1551 NIF S1511001H, Banesto, modelo XTAX; e de non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, consonte regula o artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

E para que conste e lles sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2011.

Ethel María Vázquez Mourelle
Directora xeral de Infraestruturas

ANEXO

Expediente: SANC/48/10. Ref. bis: 40/10.

Denunciado: Florentino González Portas (Muebles Mirón).

Último enderezo coñecido: Bastarreche, 39-baixo, 36900 Marín.

Feito denunciado: obstrución de taxea.

Data, estrada, p.k.: 12.1.2010; PO-313; p.k. 1+600.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/60/10. Ref. bis: 92/10.

Denunciado: Jacobo Manuel Abilleira Teixeira.

Último enderezo coñecido: Benigno Esperón, 7-1.º D, 36163 Poio.

Feito denunciado: formigonar en zona de dominio público.

Data, estrada, p.k.: 4.3.2010; PO-308; p.k. 13+190.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/8/11. Ref. bis: 304/10.

Denunciada: Madeitudo, S.L.

Último enderezo coñecido: Alén de abaixo, Calvos, 1, 36847 Fornelos de Montes.

Feito denunciado: realizar acceso sen autorización e obstruír foxo.

Data, estrada, p.k.: 29.1.2010; PO-255; p.k. 7+400.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/9/11. Ref. bis: 330/10.

Denunciada: María Martínez Santorum.

Último enderezo coñecido: San Miguel-Cardalda, Vilanova de Arousa.

Feito denunciado: construción de muro.

Data, estrada, p.k.: 15.10.2010; PO-307; p.k. 0+010.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/15/11. Ref. bis: 319/10.

Denunciada: Raxoil Carburantes, S.L.

Último enderezo coñecido: lugar de Paredes, 94, Vilaboa.

Feito denunciado: obras en dominio público.

Data, estrada, p.k.: 29.9.2010; PO-308; p.k. 10+110.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/20/10. Ref. bis: 368/10.

Denunciado: Gonzalo Castro Rodas.

Último enderezo coñecido: Pazos Fontenla, 37-2.º A, Bueu.

Feito denunciado: cerramento en dominio público.

Data, estrada, p.k.: 17.11.2010; PO-554; p.k. 0+290.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/21/11. Ref. bis: 363/10.

Denunciada: Vinoteca Tapería Restaurante Gourmet Arousa.

Último enderezo coñecido: avda. López Ballesteros, 40, Vilagarcía de Arousa.

Feito denunciado: instalar cartel publicitario na zona de dominio público.

Data, estrada, p.k.: 5.11.2010; PO-531; p.k. 18+750.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/22/11. Ref. bis: 355/10.

Denunciada: Aguardientes y Licores Maitines, S.L.

Último enderezo coñecido: Vaqueira 2, Budiño, O Porriño.

Feito denunciado: colocación de pedras en dominio público.

Data, estrada, p.k.: 22.10.2010; PO-510; p.k. 2+100.

Resolución: sancionadora.

Expediente: SANC/23/11. Ref. bis: 381/10.

Denunciada: Panadería Denis.

Último enderezo coñecido: Porta do Sol, Meira-Moaña.

Feito denunciado: deterioración da beirarrúa.

Data, estrada, p.k.: 24.11.2010; PO-551; p.k. 27+260.

Resolución: arquivo do expediente.