Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17897

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de maio de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente sancionador LU-4/2005.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE n.º 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e ao non ser posible a súa práctica, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial da consellería.

A comparecencia deberase efectuar na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avda. de Ramón Ferreiro, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Lugo, 20 de maio de 2011.

José M.ª López Vega
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: E.S..LU-4/2005.

Interesada: Coprosal, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Bolaño Rivadeneira, 2-1.º Lugo.

Acto de notificación: requirimento de execución de sentenza do procedemento sancionador.