Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17868

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 20 de maio de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 36/04/11-ST, incoado por infracción en materia sanitaria.

Con data do 2 de maio de 2011, a instrutora do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 36/04/11-ST incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra á Ángel Andrés Sánchez González, con DNI 36029336-C, como titular do establecemento Restaurante Caracas.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Ángel Andrés Sánchez González, titular do establecemento Restaurante Caracas, o contido da referida proposta que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contado desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sito en Pontevedra, no edificio administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, 43-1.º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 20 de maio de 2011.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 36/04/11-ST.

Denunciado: Ángel Andrés Sánchez González, con DNI 36029336-C, titular do establecemento Restaurante Caracas.

Último enderezo coñecido: rúa Corredoira, núm./km 32, piso baixo, 36500 Lalín.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 7) «Prohíbese fumar, ..., en: u) Bares, restaurantes e demais establecementos de restauración pechados».

– Disposición adicional terceira: «Nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco...».

Tipificación: dúas infraccións administrativas, unha tipificada como grave e outra tipificada como leve no artigo 19.3 b) e 19.2 d), respectivamente, da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €) pola infracción grave e trinta euros (30 €) pola infracción leve.