Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17870

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 30 de maio de 2011, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 13/11 IP, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 27 de abril de 2011, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou a resolución do expediente sancionador 13/11 IP, incoado na Xefatura Territorial de Pontevedra contra a entidade Friogarrida, S.A.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle ao/á director/a xerente da entidade Friogarrida, S.A. o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o/a asiste para presentar recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, avda. Fernández Ladreda, núm. 43, 1.º e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No caso de estar conforme con esta resolución, deberá facer efectiva a multa no seguinte prazo: 1) se a notificación se realiza entre os días 1 e 15 do mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte e, 2) se a notificación se realiza entre os días 16 e derradeiro do mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou o inmediato hábil seguinte; todo iso mediante ingreso que deberá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001, de Caixanova Recadación Xunta, do BBVA Transacción 1316 NIF S1511001H e do Banesto, empregando os impresos normalizados que lle serán facilitados nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente. De non facelo así, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 30 de maio de 2011.

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 13/11 IP.

Denunciada: Friogarrida, S.A., con CIF A36830685.

Último enderezo coñecido: A Garrida, 20, Valadares, 36216, Vigo.

Feito imputado: supostas infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos:

–Artigo 2 punto 2.2.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

–Artigos 3 e 5 do Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, relativo á hixiene dos produtos alimenticios.

–Artigos 14, 18 e 19 do Regulamento (CE) 178/2002, do 28 de xaneiro, polo que se establecen os principios e os requirimentos xerais da lexislación alimentaria, se crea a Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria e se fixan procedementos relativos á seguridade alimentaria.

Tipificación: infracción leve, segundo o artigo 35 A), 1.ª e 2.ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e segundo o artigo 41 g) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Sanción imposta: seiscentos euros (600,00 €).