Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17872

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 27 de maio de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2011056PRO por infracción en materia sanitaria.

Con data do 11 de maio de 2011, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2011056PRO incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Néstor García García.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Néstor García García o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 27 de maio de 2011.

Emma Rego Valcarce
Jefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2011056PRO.

Interesado: Néstor García García.

DNI/NIF/CIF: 44849910W.

Último enderezo coñecido: Rosalía de Castro, 67, Santiago de Compostela.

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo infrinxido: artigo 35 b).2 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e artigo 42 e) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre droga, no seu artigo 13.1, que di: «limitacións. 1) ... Igualmente, non se permitirá a venda ou subministración de bebidas alcohólicas a menores de 16 anos, e no caso de bebidas de máis de 18 graos centesimais, aos menores de 18 anos...».

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 6.000 € (seis mil euros).