Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17876

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 31 de maio de 2011, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador S-37/2011, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de maio de 2011, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador S-37/2011 incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo a Miguel Montes dos Santos (Arena Mix).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto número 5 do referido artigo, notifícase a Miguel Montes dos Santos (Arena Mix) o contido do referido acordo que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, 9 de Lugo e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Apercíbeselle tamén de que de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, a iniciación poderá ser considerada proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 31 de maio de 2011.

Purificación Rivas Varela
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: S-37/2011.

Denunciado: Miguel Montes dos Santos (Arena Mix).

DNI/NIF: 33316792G.

Último enderezo coñecido: rúa Tui, 41, 27004 Lugo.

Feito imputado: infracción da normativa establecida na Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas.

Precepto presuntamente infrinxido: artigo 13.1 da Lei 2/1996, do 8 de maio, de Galicia sobre drogas.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: tres mil quince euros (3.015,00 €).