Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17878

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 23 de maio de 2011, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2011100SEA por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 11 de maio de 2011, a Xefatura Territorial da Coruña ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2011100SEA incoado a Cárnicas Varela, S.L.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícase a Cárnicas Varela, S.L. o contido do dito acordo de inicio, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante a xefatura territorial no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso verbo da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao/á interesado/a, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 23 de maio de 2011.

Emma Rego Valcarce
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

N.º expediente: 2011100SEA.

Interesado: Cárnicas Varela, S.L.

DNI/NIF/CIF: B15354905.

Último enderezo coñecido: Finca Dopico, n.º 3, 15530 Narón.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s: artigo 35 a) 1.ª e 3.ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade, e 41 a) e h) da Lei 8/2008, do 10 de xullo, de saúde de Galicia.

Artigos 2.1.1; 2.2 do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, sobre infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da produción agroalimentaria.

Regulamento (CE) 2073/2005, do 15 de novembro, da comisión, sobre criterios microbiolóxicos aplicables aos produtos alimenticios, artigo 5 e anexo I, capítulo III.

Regulamento (CE) 853/2004, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal, anexo III.

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: 3.000 € (tres mil euros).