Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17834

IV. Oposicións e concursos

Consellería do Medio Rural

ORDE do 13 de xuño de 2011 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería pola Orde do 12 de abril de 2011 (DOG n.º 80, do 26 de abril) de conformidade co disposto no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo cal se aproba o texto refundido la Lei da función pública de Galicia, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 17.4 do referido decreto lexislativo.

Esta consellería

dispón:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 12 de abril de 2011 (DOG n.º 80, do 26 de abril).

Segundo. Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e o disposto na base sétima da convocatoria.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, fosen concedidos ao citado funcionario. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria, iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto. O xefe do centro en que cause baixa o funcionario, así como o daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpor recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses, contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2011.

Samuel Jesús Juárez Casado
Conselleiro do Medio Rural

ANEXO

NRP: 3244884157 A2077.

Apelidos e nome: Muiños Moreno, Rafael José.

Subgrupo: A2.

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Explotacións Agrarias.

Código: MR C99 10 301 15001 002.

Nivel: 28.

Corpo/escala: corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, escala de enxeñeiros técnicos agrícolas.

Dependencia: Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural.

Localidade: A Coruña.