Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17885

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 14 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, polo que se dá publicidade á resolución para deixar sen efecto a resolución de concesión da axuda do expediente 32/06/224 e declarar a perda do dereito ao seu cobramento.

Por non ser posible a notificación polo servizo de correos, e de conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE n.º 285, do 27 de novembro), notifícaselle mediante este anuncio á interesada, co último domicilio coñecido que se sinala a seguir, a resolución pola que se deixa sen efecto a resolución de concesión de axuda á reestruturación e reconversión do viñedo do expediente que se detalla deseguido e se declara a perda do dereito ao seu cobramento.

A interesada que figura no anexo disporá dun prazo de dez (10) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio, para que poida formular as alegacións e presentar a documentación que ache conveniente ao seu dereito, ante a Consellería do Medio Rural, San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2011.

Jorge Atán Castro
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural

ANEXO

Expediente: 32-06-224.

Interesada: Pérez Fernández, María Concepción.

Enderezo: r/ Cuba, 15-1.º D, 32500 O Carballiño, Ourense.