Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17886

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 3 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador C-R-PO-0023/2010-RB.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente C-R-PO-0023/2010-RB.

A interesada poderá comparecer no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio nas oficinas da Dirección Xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais, situadas na rúa do Camiño Francés n.º 10, Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia poderá a interesada interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2011.

Alejandra Álvarez de Mon Rego
Directora xeral de Innovación e Industrias Agrarias e Forestais

ANEXO

Expediente: C-R-PO-0023/2010-RB.

Denunciada: María Cruz Barbeito Barbeito.

Último enderezo coñecido: Aguieira, 8, San Martiño do Grove, 36980 O Grove (Pontevedra).