Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17887

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 8 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Montes, polo que se notifica a resolución do expediente INC-PO-0241/2010-VNA.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser tentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento INC-PO-0241/2010-VNA.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Consellería do Medio Rural, situadas na rúa Fernández Ladreda, 43-2.º andar en Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que pon fin á vía administrativa, poderá o interesado interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente formular recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, consonte cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa; contados ambos os prazos a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que considere pertinente.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2011.

Tomás Fernández-Couto Juanas
Director xeral de Montes

ANEXO

Expediente: INC-PO-0241/2010-VNA.

Interesado: Julio Monteagudo González.

Acto de notificación: resolución do recurso de alzada.

Último enderezo coñecido: Fraguiñas, 23 Fornelos. Salvaterra de Miño (Pontevedra).