Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17889

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANP-PO-0059/2010-V

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANP-PO-0059/2010-V.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Servizo de Conservación da Biodiversidade), situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de editos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que esgota a vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo de dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados os prazos anteriores a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-PO-0059/2010-V.

Interesado: Jaime Iglesias Gómez.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Rúa Reino Unido, 4, 3.º D. Monteporreiro. 36162 Pontevedra.