De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANI-CO-0018/2010-V.
O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Servizo de Conservación da Biodiversidade), situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.
Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.
Contra a resolución do expediente de referencia, que esgota a vía administrativa, caberá, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a interposición de recurso de reposición ante o conselleiro do Medio Rural no prazo dun mes, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-administrativo do domicilio do interesado ou da cidade de Santiago de Compostela no prazo de dous meses, contados os prazos anteriores a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio.
Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.
Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza
ANEXO
Expediente: ANI-CO-0018/2010-V.
Interesado: José Manuel Rodríguez Urien.
Acto de notificación: resolución.
Último enderezo coñecido: lugar da Fraga, s/n, Coiro-A Laracha, 15145 A Coruña.