Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17892

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de xuño de 2011, da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que se notifica a resolución do expediente ANP-PO-0078/2010-V.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do procedemento ANP-PO-0078/2010-V.

O interesado poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Servizo de Conservación da Biodiversidade), situadas en San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

O presente anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido do interesado en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda a súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Comunícase a ampliación do prazo máximo para resolver e notificar o procedemento por un período máximo de tres meses, polo que o procedemento caducará o 1.8.2011.

Outorgáselle ao interesado un prazo de quince días, contado a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio. Transcorrido este prazo, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de xuño de 2011.

Ricardo García-Borregón Millán
Director xeral de Conservación da Natureza

ANEXO

Expediente: ANP-PO-0078/2010-V.

Interesado: José Fernández Rodríguez.

Acto de notificación: cambio de cualificación.

Último enderezo coñecido: Camiño Real, 100, 1.º, 36216 Vigo (Pontevedra).