Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 1 de xullo de 2011 Páx. 17894

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xuño de 2011 pola que se fai pública a declaración de deserto do procedemento aberto, multicriterio, convocado para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Domaio para ocupación de explanada e rampla con destino á explotación dun varadoiro de bateas e actividades complementarias no porto de Domaio (Moaña) (expediente 13-23-10-C-1).

Mediante Resolución do 20 de xuño de 2011, o presidente de Portos de Galicia, en virtude das competencias conferidas polo artigo 6.3 g) da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación da entidade pública Portos de Galicia, no artigo 9 h) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da entidade pública, e sobre a base do disposto na proposta formulada, con data do 20 de xuño de 2011, pola Mesa de Contratación e en cumprimento do previsto no 2.º parágrafo do artigo 135.3, da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos do sector público, modificada pola Lei 34/2010, do 5 de agosto, resolveu declarar deserto o procedemento aberto publicado no DOG, número 89, do 9 de maio de 2011, para a selección de oferta para a tramitación da concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario do porto de Domaio para ocupación de explanada e rampla con destino á explotación dun varadoiro de bateas e actividades complementarias no porto de Domaio (Moaña), por falta de licitadores, ao non terse presentado ningunha oferta.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ou potestativamente recurso de reposición perante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción desta resolución (artigos 116 e 117 LRXPAC).

O que se fai público en cumprimento do disposto no artigo 60 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2011.

José Manuel Álvarez-Campana Gallo
Presidente de Portos de Galicia